Equipo

Shaza Hamza é alumna de doutoramento na Universidade de Vigo, investiga as diferenzas na experiencia cinematográfica entre unha audiencia que visualiza a película na lingua orixinal e unha audiencia estranxeira que ve unha versión subtitulada ou dobrada da mesma película, así como as diferenzas entre subtítulos interlingüísticos integrados e estándar. Obtivo o título de Literatura inglesa pola Universidade de Damasco (2009), posúe un mestrado profesionalizante en Tradución audiovisual e asistida por ordenador (inglés-árabe) polo Higher Institute of Translation and Interpreting (Instituto Superior de Tradución e Interpretación), da Universidade de Damasco (2012) e un mestrado en inglés e medios de comunicación, English and the Media, do English and Foreign Languages University (Universidade de Linguas Inglesa e Estranxeiras), Hyderabad (India) (2016).

A súa presente tese doutoral baséase de xeito principal na noción de ampliar a accesibilidade aos medios para que esta inclúa a tradución audiovisual e unha audiencia estranxeira, xunto co subtitulado para persoas con discapacidade auditiva, para o cal realizará unha curtametraxe e analizará a súa recepción. Shaza traballou con anterioridade como profesora axudante no Higher Institute of Translation and Interpreting, Universidade de Damasco, onde ensinou inglés e tradución inglés-árabe. Hai pouco colaborou coa empresa teatral británica Vital Xposure na subtitulación do documental galardoado The Knitting Circle.

Shaza ten experiencia en produción cinematográfica, escritura de guións, tradución e medios electrónicos, e aprendizaxe de linguas en liña. Os seus intereses de investigación tamén inclúen a accesibilidade aos medios, produción cinematográfica, estudos de cine, de recepción e seguimento ocular en tradución audiovisual (inglés, árabe e alemán) e crítica cinematográfica.



Universidade de VigoXunta de GaliciaMinisterio de EconomíaEuropean Union

Universidade de Vigo Facultade de Filoloxía e Tradución | Despacho Newton 5 | Campus de Vigo As Lagoas | Ctra. de Marcosende | 36310 Vigo (España)
Back to top