Equipo

Pedro Jesús Castillo Ortiz obtivo o título de doutor en Interpreting in the Media and Liaison Interpreting in Radio Settings (Interpretación nos Medios de Comunicación e Interpretación de Enlace na Radio) na Heriot-Watt University (2015). A súa tese doutoral constitúe un traballo pioneiro nos estudos de interpretación na radio, céntrase en aspectos organizativos, interactivos e discursivos da interpretación dialogada en entrevistas de radio en directo. Posúe un mestrado investigador en Traducción e Interpretación (2003) pola Universidad de Granada (UGR) e un mestrado profesionalizante en Comunicación e medios (UGR, 2005). Na actualidade, Castillo Ortiz ensina Tradución, Interpretación e inglés na Universidad Europea del Atlántico (Santander). Traballou como auxiliar de conversa de lingua española e profesor axudante no Departamento de Linguas e Estudos Interculturais (Department of Languages and Intercultural Studies) da Heriot-Watt University (2006-2017) e como formador en interpretación no curso de verán en interpretación de conferencias avanzada (Heriot-Watt Summer Course in Advanced Conference Interpreting, 2010-2015). Realizou obradoiros sobre interpretación nos medios de comunicación, para estudantes e profesionais de interpretación, na Heriot-Watt University e outras institucións (por exemplo, UGR e universidades de Córdoba, Pompeu-Fabra e de Las Palmas de Gran Canaria).





Universidade de VigoXunta de GaliciaMinisterio de EconomíaEuropean Union

Universidade de Vigo Facultade de Filoloxía e Tradución | Despacho Newton 5 | Campus de Vigo As Lagoas | Ctra. de Marcosende | 36310 Vigo (España)
Back to top