Equipo

Joshua Branson é estudante de doutoramento na Universidade de Vigo, a súa investigación céntrase na análise da cinematografía accesible (accessible filmmaking) en práctica e do papel do director de accesibilidade. Obtivo o título de European Studies and Modern Languages (Estudos Europeos e Linguas Modernas, español e italiano) pola University of Bath e posúe un mestrado en Audiovisual Translation (Tradución Audiovisual) pola University of Roehampton.

Recibiu a mención especial Special Commendation do Institute of Translation and Interpreting (Instituto de Tradución e Investigación) na categoría Best Academic Research (Mellor Investigación Académica) polo seu traballo de fin de mestrado sobre aproximacións estándar e colaborativa á accesibilidade aos medios; tamén presentou relatorios sobre cinematografía accesible en conferencias en Polonia, España e Reino Unido. Alén da cinematografía accesible, os seus intereses de investigación inclúen o seguimento ocular, subtítulos integrados e a inclusión da audiencia con discapacidade sensorial no proceso de creación cinematográfica.

Traballou como director de accesibilidade en dúas curtametraxes, The Progression of Love (Rodgers, Reino Unido, 2010) e Acquario (Puntoni, Italia, 2018) e exercerá este papel na produción de Chaplin (Spinney e Middleton, Reino Unido, 2019), unha longametraxe sobre Charlie Chaplin, como parte dos seus estudos de doutoramento. Xunto a súa investigación académica, traballa como subtitulador de italiano a español e de películas en lingua inglesa para audiencia con discapacidade auditiva.

Universidade de VigoXunta de GaliciaMinisterio de EconomíaEuropean Union

Universidade de Vigo Facultade de Filoloxía e Tradución | Despacho Newton 5 | Campus de Vigo As Lagoas | Ctra. de Marcosende | 36310 Vigo (España)
Back to top