Equipo

Hayley Dawson é alumna do programa de doutoramento en Translation Studies (Estudos de Tradución), na University of Roehampton, a través do cal investiga o subtitulado interlingüístico en directo como medio de acceso para a audiencia estranxeira con discapacidade auditiva. É graduada en Modern Languages (Linguas Modernas, español e francés), pola University of Roehampton e ten un mestrado en Traducción, Interpretación y Estudios Interculturales pola Universitat Autònoma de Barcelona.

Estudos e experiencia anteriores levárona a conseguir financiación de TECHNE, para investigación en artes e humanidades, grazas á cal traballa nun proxecto que combina a súa paixón polo español co seu interese pola tradución audiovisual e a accesibilidade aos medios. As principais áreas de investigación neste proxecto son a viabilidade, calidade e formación en refalado interlingüístico, e forma parte do proxecto titulado Interlingual Live Subtitling for Access (ILSA), financiado pola UE. O proxecto inclúe a formación en refalado interlingüístico co fin de determinar o perfil profesional máis axeitado e identificar as habilidades específicas por tarefas necesarias para o refalado interlingüístico. Un programa de formación constituirá o principal resultado do proxecto, que determinará en adiante a formación en refalado interlingüístico no Reino Unido e no estranxeiro.

 




 

Universidade de VigoXunta de GaliciaMinisterio de EconomíaEuropean Union

Universidade de Vigo Facultade de Filoloxía e Tradución | Despacho Newton 5 | Campus de Vigo As Lagoas | Ctra. de Marcosende | 36310 Vigo (España)
Back to top