Equipo

Gian Maria Greco é bolseiro individual Maria Skłodowska-Curie na Universitat Autònoma de Barcelona, na que realiza o proxecto “Understanding Media Accessibility Quality”, sobre calidade na accesibilidade aos medios. Os seus intereses de investigación inclúen estudos sobre accesibilidade, sobre todo de dereitos humanos, accesibilidade aos medios, eventos en directo e patrimonio cultural. A súa formación académica inclúe: mestrado e doutoramento en Filosofía, mestrado internacional en Accesibilidade aos Medios, Arte e Cultura, posgrao en Dereitos das Persoas con Discapacidade. Ocupou postos universitarios como posdoutoral, bolseiro investigador e investigador honorífico. Durante o período 2009-2014, foi director de POIESIS, unha organización italiana sen ánimo de lucro especializada en accesibilidade aos medios e á cultura. En 2016-2018, fundou a plataforma de accesibilidade aos medios Media Accessibility Platform. En 2013-2014, traballou como coordinador de accesibilidade para ao Comité para a Candidatura da cidade italiana Lecce a Capital Europea da Cultura 2019. Dende 2015, é coordinador de accesibilidade do Sistema Cultural e Medioambiental «Porta d’Oriente» (Italia), un dos proxectos de maior envergadura sobre accesibilidade do turismo cultural en Europa, pois abrangue unha área de 420 km2 e ofrece produtos e servizos deseñados de xeito específico para facer accesible o patrimonio cultural material e inmaterial a persoas con discapacidades sensoriais, de aprendizaxe ou cognitivas, a nenos e nenas, persoas migrantes, familias, terceira idade e falantes de linguas estranxeiras. É membro: do comité científico da revista de TAV Journal of Audiovisual Translation, do grupo de traballo en comunicación da Asociación de bolseiros e bolseiras Marie Curie (Communication Working Group of the Marie Curie Alumni Association), da European Society for Studies in Screen Translation (Sociedade Europea de Estudos en Tradución Audiovisual), do Grupo de Interese Especial da Asociación de Maquinaria Informática sobre Computación Accesible (Special Interest Group on Accessible Computing of the ACM) e a organización para a investigación en ciencia e innovación en Europa EuroScience.

Páxina web: http://pagines.uab.cat/umaq



Universidade de VigoXunta de GaliciaMinisterio de EconomíaEuropean Union

Universidade de Vigo Facultade de Filoloxía e Tradución | Despacho Newton 5 | Campus de Vigo As Lagoas | Ctra. de Marcosende | 36310 Vigo (España)
Back to top