Equipo

Agnieszka Szarkowska é profesora asociada no Institute of Applied Linguistics (Instituto de Lingüística Aplicada), University of Warsaw. É a directora do AVT Lab (laboratorio TAV), un dos primeiros grupos de investigación sobre tradución audiovisual (TAV), así como investigadora, profesora de universidade, antiga tradutora, formadora de tradutoras e tradutores e asesora en accesibilidade aos medios. Entre 2016 e 2018 foi investigadora coa bolsa Marie Skłodowska-Curie no Centre for Translation Studies (Centro de Estudos de Tradución), University College London, onde traballou no proxecto «Exploring Subtitle Reading with Eye Tracking Technology» (estudo sobre a lectura de subtítulos con tecnoloxía de seguimento ocular), financiado pola Comisión Europea. É experta nas áreas de tradución audiovisual, accesibilidade aos medios e formación de profesionais de tradución. Participou en numerosos proxectos de investigación, que inclúen estudos de seguimento ocular en subtitulado, audiodescrición na educación, audiodescrición de texto a voz, multilingüismo na subtitulación para persoas xordas e con discapacidade auditiva, refalado e arte moderna inclusiva para todas as persoas. Agnieszka é membro da European Association for Studies in Screen Translation (ESIST – Asociación Europea de Estudos en Tradución Audiovisual), European Society for Translation Studies (EST – Sociedade Europea de Estudos de Tradución) e membro honorario da Asociación polaca de profesionais da tradución audiovisual (STAW).

 






 

 

Universidade de VigoXunta de GaliciaMinisterio de EconomíaEuropean Union

Universidade de Vigo Facultade de Filoloxía e Tradución | Despacho Newton 5 | Campus de Vigo As Lagoas | Ctra. de Marcosende | 36310 Vigo (España)
Back to top